Nota de prensa
PRETO DUNHA TREINTENA DE LOCAIS PARTICIPARÁN OS DÍAS 26 E 27 DE AGOSTO EN FOZ NA FESTA DO POLBO QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS.
Foz, 19 de agosto de 2011. Foz acollerá os días 26 e 27 de agosto a festa do polbo que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. Vinteoito locais ofrecerán racións do exquisito cefalópodo ao prezo de 9,90 euros.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinalou que “facemos coincidir esta nova cita gastronómica coa I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica para animar e dinamizar ainda máis eses días a nosa vila, a nosa hostalería, o noso comercio. A vindeira fin de semana queremos que a xente de Foz e todos os que nos visitan disfruten da nosa historia e da nosa gastronomía e con estes dous eventos queremos tamén despedir como se merece o verán deste 2011”.
Paleo lembrou que “a festa do polbo enmárcase no convenio que asinamos no seu día coa Cofradía de Pescadores de Foz para promocionar o peixe e o marisco que se captura no noso litoral”.
A festa do polbo está organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. Colaboran: o Concello de Foz, a Deputación Provincial de Lugo, o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo de Pesca.
O presidente de ACIA Foz convida “a todo o mundo a achegarse a vindeira fin de semana á nosa vila a disfrutar da I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica e da festa do polbo. Son dúas citas moi importantes do verán en Foz que ninguén se debe perder”.