Nota de prensa
SR. ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
Presenta as seguintes PREGUNTAS:
1.-Despois da sorpresa pola decisión unilateral tomada por Vostede de non permitir que os veciños poidan disfrutar do espazo verde colindante coa praia da Rapadoira, coa colocación de carteis informativos, e visto que pasado o tempo e ao día de hoxe hai veciños que seguen utilizando este espazo , queremos facer a seguinte pregunta:
-Poden os veciños/as empregar ese espazo verde como lugar de esparcemento?
-E en caso de resposta negativa, ao amparo de que ordenanza se tomou tal decisión?
2.- Segundo as nosas informacións, fixéronse diferentes arranxos co persoal de socorrismo das praias por desconformidade salariais, o que entendemos pode ter influencia na atención as nosas praias no mes de setembro, e polo que PREGUNTAMOS:
-Ata que data e en que praias se prestará servizo de socorrrismo nas praias do noso concello no mes de setembro?
3.-Polos decretos de Alcaldía, podese comprobar que hai algún local ao que se lle denegou a ocupación de vial pública con sillas e mesas, pero que tal media non se está a cumplir co conseguinte perigo, segundo informe da P. Local, e polo que PREGUNTAMOS:
-Por que por parte da Alcadía non se fan cumprir as propias resolucións da Alcaldía?.
-Ingresan ese locales algunha cantidade no Concello por concepto exposto anteriormente de ocupación?