Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz interesase pola aprobación definitiva da modificación da Rúa do Cementerio

Nota de prensa

Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:

Ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercizo do dereito fundamental, recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPÓN:
Que na pasada Sesión Plenaria de data 28 de xullo de 2011, tratouse entre outros puntos o de aprobación definitiva da MODIFICACIÓN de estudo de detalle de determinación de alineacións da Rúa do Cementerio para xustificar o cumprimento de sentencia do TSXG 00992/2008.
Tendo en conta de que o mencionado plan é executivo tras a súa aprobación.
SOLICITA:
Informe da Sra. Secretaria do Concello de si o aprobado na mencionada Sesión Plenaria cumple fielmente co fallo da sentencia e de si con esta aprobación se da cumprimento ao fallo da sentencia en todos os seus apartados.

Exit mobile version