Site icon Crónica3.com A Mariña

Unhas 9.000 persoas pasaron pola feira Produart que o alcalde e a xerente valoran positivamente

Nota de prensa

GONZÁLEZ BARCIA FIXO UN BALANCE MOI POSITIVO DE PRODUART. POLA FEIRA DOS PRODUTOS ARTESANAIS E ECOLÓXICOS PASARON NOVE MIL PERSOAS.

Burela, 10 de agosto de 2011. Unhas 9.000 persoas pasaron pola novena edición de Produart celebrada en Burela a pasada fin de semana. O alcalde, José Mª González Barcia, e a xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez, fixeron hoxe un balance moi positivo desta cita.

O rexedor e presidente de Expomar sinalou que “desde a organización da feira Produart temos que recoñecer a nosa satisfacción polo discorrer da novena edición deste evento celebrada a pasada fin de semana. En total pasaron pola feira arredor de 9.000 personas, 800 acudiron o 5 de agosto, día no que se inaugurou Produart, unhas 7.000 pasaron o día da festa do bonito e entre 800 e 1.000 visitaron Produart o día 7 de agosto”. Produart, a feira dos produtos artesanais e ecolóxicos aboga polo estímulo e a potenciación dunha produción máis ética, menos agresiva co medio e polo tanto por un consumo máis sostible e de respecto ao medio ambiente.

José Mª González Barcia tamén se referiu ás ventas, “en liñas xerais houbo satisfacción por parte dos expositores, fundamentalmente dos que vendían artículos de alimentación vinculados co mundo da ecoloxía e da natureza. Todos eles quedaron dalgún xeito comprometidos a vir para a vindeira edición que se celebrará no 2012 e na que comezaremos a traballar á volta do mes de setembro”. E engadiu que “será entón o momento para perfilar algo que se está a converter nunha grande calidade en canto á oferta turística que da Burela e dunha grande afluencia de xente en canto ás persoas que veñen a vernos, a estar con nós, precisamente por esa cantidade de actividades que se dan cita en Burela na primeira fin de semana do mes de agosto”.

Exit mobile version