Nota de prensa:
Título: Reunión familia Barqueira de Trasbar
Día: domingo, 14 de agosto de 2011
Lugar: Trasbar (Cervo)
Por iniciativa de Yolanda Baamonde, a través da creación dun evento en Facebook, conseguimos reunir a máis de cen persoas dunha mesma famila coa súa orixe en Barqueira – Trasbar e que algúns deles están fóra de Galicia (Cataluña, Asturias, Andalucía…). Con esta reunión fíxose posible o reencontro entre moitos dos seus membros e incluso o primeiro contacto entre algúns que nin sequera nos coñecíamos.
Foi unha experiencia inesquecible na que non faltou un brinde polos que non nos puideron acompañar e tamén un recordo moi especial aos que xa non están entre nós, pero que, sen dúbida, estiveron moi presentes nos nosos corazóns.
Unha xornada chea de ledicia e momentos de emoción, que nos propoñemos repetir cada ano e que, ben seguro, rematará sendo xa unha tradición entre nós.
Moitas grazas a Yoli pola iniciativa e moitas grazas a todos os que participaron nela!!!! Vémonos para o ano que vén!!!!!