Nota de prensa
Estación Mondoñedo. Cunqueiro.
http://www.folque.com/actualidade/nova.php?id=776&lg=gal
Tertulia no Casino de Mondoñedo sobre “O teatro de Cunqueiro” ás 20:30 horas o dia 16 de agosto, mañá martes.
Unha tertulia é unha reunión informal de xente interesada nun tema ou nunha rama concreta da arte, ciencia ou filosofia para debatir, informarse ou compartillar ideas e opinións. Polo xeral ten lugar nun café e participan persoas do ámbito intelectual. Mas esta tertulia mariñana non é nun café, será no lindo Casino de Mondoñedo. Un lugar con solera e con reminiscencias de tempos pasados que tamén son presentes. MANOLO LOURENZO, XESÚS PISÓN E XÉ FREIRE falarán do teatro de Alvaro Cunqueiro para todos aqueles e aquelas que desexen coñecer este lugar emblemático: O casino de Mondoñedo.
Manolo Lourenzo é un dos nomes con maiúsculas do teatro galego, nado no Valadouro. Dramaturgo, autor, director teatral ten recibido numerosos premios na sua carreira dramática.
Xesús Pisón tamén nacido no Valadouro é ademais de ilustrador un dos autores dramáticos máis destacados desde a década de 1980, contando cunha grande produción.
Os dous estarán acompañados do escritor mindoniense Xé Freire.
O sr. Cunqueiro comezou a ser coñecido e discutido teatralmente a partir da publicación e estrea do D.Hamlet (1958), a súa obra mais considerada para a chave do teatro galego. Non hai no teatro galego outro autor que posúa unha cultura teatral tan completa no histórico, literario e no técnico. Dixit, Manolo Lourenzo-Francisco Pillado. Guia das obras dramáticas de Alvaro Cunqueiro. Manuais Cashamlet. teatro6.Diputación Provincial de A Coruña 2006.