NOTA DE PRENSA
O PP burelés prepara o curso político e a próxima cita electoral.
* O comité local incorporará ós novos concelleiros.
* En setembro realizará unha rolda de reunións con veciños polos barrios bureleses.
Burela, 16 de agosto de 2011.- Tal e como fixo o PP lucense en Foz o pasado venres, nestes días tamén se reuniu o comité local dos populares de Burela, de cara a preparar o próximo curso político, marcado pola inmediatez das eleccións xerais.
Os populares fixeron un resume positivo e satisfactoiro do traballo feito durante estes dous meses no goberno municipal, sen esquecer aquelas cuestións que o bipartito que apoiaba ó anterior alcalde deixou sen facer ou deixou no aire, logo de ocultar a realidade da situación do concello.
Dentro das cuestións de orde interno, o comité local acordou incorporar como novos membros ós concelleiros actuais que non formaban parte do mesmo. Deste xeito, búscase unha maior operatividade entre o comité local e o grupo municipal.
Ademais, comenzouse a traballar nas próximas eleccións xerais, que todo apunta se celebrarán o día vinte de novembro. A tal efecto, o PP conta movilizar ó mesmo número de persoas, sobre sesenta, que dun xeito ou de outro se movilizaron como axentes electorais do PP burelés nas pasadas eleccións municipais. Por eso, establecerase un calendario de actuacións desde comenzos de setembro hasta o mesmo día das eleccións, incluindo reunións con veciños polos distintos barrios da localidade. Reunións que comenzarán na primeira quincena de setembro e que unha vez máis servirán para estreitar o contacto coa cidadanía e para transmitir a mensaxe que os populares queren levar ós veciños de cara ás eleccións xerais, que se resume na idea de que agora toca que o goberno de España esteña dirixido polo PP para transmitir confianza e así comenzar a saír da crise económica na que nos meteu o PSOE de Zapatero e Rubalcaba.