Nota de prensa:
Resumo:
Fin de semana con diversas festas:
– Venres: Pregón de Cervo e Festa do Ovo Frito en Cervo
– Sábado: Maruxaina (Festa de Interese Turístico)
– Domingo, luns e martes: Festas patronais en Cervo
Coa gran afluencia de xente, sobre todo en San Ciprián con motivo da Maruxaina, desde o Concello de Cervo, xa están preparados os dispositivos de seguridade en colaboración con outras administracións (Garda Civil, Policía Autonómica, Bombeiros) así como os medios propios (Grumir, Policía Local), para poder disfrutar e saborear estas festas sen que haxa problemas.
Así mesmo, informouse aos veciños do corte de tráfico e da prohibición de estacionamento en varias rúas de San Ciprián. Tamén se tomarán medidas especiais para o lanzamento de pirotecnia.
Recoméndase aos hostaleiros o uso de vasos de plástico.
Rogamos a máxima colaboración dos veciños e visitantes.