Site icon Crónica3.com A Mariña

Programación da festa da Maruxaina 2011 en San Cibrao

Nota de prensa

PROGRAMACION “FESTA DA MARUXAINA 2011”

Venres 12:

19:00 h.

– GRAN CHUPINAZO.

Todos a Prazoleta. Comenzan os actos festivos da Maruxaina 2011.

19:300 h .

– A Comisión de Festas invita a todos a unha degustación, a precios módicos, de empanadas típicas galegas, e bolos preñados, con viño grátis ata que se acabe.

21:00 h.

– NOMEAMENTO DE MARUXAINO/A DE HONRA 2011. Os Amigos da Maruxaina despois de un intenso debate chegan a conclusión de que este ano o Maruxaino/a de Honra recae no Maruxaino Antonio Basanta Fernández, por lacazán.

De seguido: acompañados pola charanga “OS CHARAGOS DE NEDA” percorreremos as rúas de San Ciprián para que os Maruxaino/as, espabilen e que entren en calor…

PROGRAMACION “FESTA DA MARUXAINA 2011”

11:00 h.

– GRAN CHUPINAZO.

Xa as charangas: “NBA”, “OS JALACTICOS” e “ OS KILOMBEIROS” espertarannos a todos con pasarrúas por todo o Pobo.

12:00 h.

* ENGAIOLANDO A MARUXAINA.

Todos os que se senten Maruxainos/as vestidos e arranchados de acordó co día ( sen esquecer o corno, carabelo, viandas para o camiño, etc.) xuntaranse na Prazoleta para dar comenzo o paseo polo Pobo hasta o Peirao, acompañados das charangas, coa intención de ENGAIOLAR A MARUXAINA e chámala a que festexe con nos este día.

14:30 h. mais ou menos…

-XANTAR DE IRMANDADE MARUXAINA.

Na Praia do Torno, ou donde coincida… repoñeremos forzas e encheremos o bandullo, acompañados polos violins das charangas “NBA”, “OS JALACTICOS” e “ OS KILOMBEIROS”

19:00 h.

-XOGOS OLIMPICOS MARUXAINOS.

No Estadio do Torno, competirán os mellores maruxainoatletas do momento enfrentándose con xenio e coraxe para gastar a enerxia acumulada no xantar, nas especialidades de: cucaña, acadramados, a carretilla, o verme, cun final apoteósico do tiro de corda, si cadra…haberá premios para os que gañen.

23:00 h.

* XA VEN A MARUXAINA.

Todos a Praia do Torno, dende a Anxuela “OS PIROMANOS DO PAREDÓN” acenderán os fachos para orientar os mariñeiros que veñen de atrapar a Serea nos Farillóns.

Apágase o alumeado do Pobo, e iluminase a Concha e a Praia, coa SESION DE FOGOS DE ARTIFICIO, por terra mar e aire. Enchede os ollos de luz e o peito de olor a lume para recibir a Maruxaina que chega a Praia entre luces de farois, sons dos cornos e berros de ¡¡MARUXAINA!! ¡¡MARUXAINA!!.

De seguido, tras o desembarco, na misma Praia, vamos a participar todos no GRAN XUIZO POPULAR DA MARUXAINA, artellado polo grupo de teatro “CELIGRAS” e decidiremos se a Maruxaina e boa ou que??.

Xa xulgada, e rodeada dunha gran corda e dos gaiteiros de San Ciprián e os Maruxainos/as levaremola ata a praza dos Campos, onde o grupo de baile de de “MISTURA” bailaran par a Maruxaina e todos nos, o baile da Maruxaina.

00:30 h.

-GRAN QUEIMADA POPULAR DA MARUXAINA.

Os afamados “DRUIDAS QUEIMADORES DE AUGARDENTE” e as “REPARTIDORAS DE QUEIMADA MARUXAINA” deleitarán os padáles mais esquisitos co néctar da Queimada que quenta o corpo e encende o espíritu.

01:00 h.

A bailar e troular ata o amencer coas orquestras “TROLE” e “BLUESTAR”

A “Comision de Festas”

-Pide disculpas polos fallos que poideran haber tido e os inconvintes ocasionados.

-Agradece a colaboración de todos.

-E solicita que empreguemos as nosas forzas en DIVERTIRNOS E PASALO BEN, “O POBO E DE TODOS” e a Maruxaina agradecerános que o cuidemos para o desfrute de todos.

Exit mobile version