Algunhas “perlas” destes días da Mariña lucense.
Outra moi boa de hoxe, está en Foz o sr. Pachi Vázquez, pois que se pase a ver a EDAR, no porto e que el permitiu que se ubicara a 20 m das casas do casco urbano, sendo conselleiro de Medio Ambiente. Xa de paso, se non ten mal a pituitaria, sairá escopeteado dos malos cheiros, que nestes días súmanse aos da depuradora os restos das festas, barracas e demais, e que tódolos anos, ata que ven a choiva, ninguén limpa. Sumen tamén os camións da basura, cos seus efluvios cheirentos, e terán todo un pobo cen por cen turístico.
Antón