Site icon Crónica3.com A Mariña

Os albergues de A Devesa e Area acollen unha campaña de recollida selectiva sobre a importancia da reciclaxe

Nota de prensa

Esta iniciativa visitará ao longo deste verán un total de 9 campamentos, nos que participarán preto de 3.400 nenos e nenas das catro provincias galegas

A CAMPAÑA DE RECOLLIDA SELECTIVA ‘SE PARAS NA PRAIA, SEPARA’ CONCIENCIARÁ A preto de 1.000 PARTICIPANTES DE TRES CAMPAMENTOS XUVENIS NA PROVINCIA DE LUGO

§       Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto, un total de 12 grupos de rapaces pasarán polos campamentos do Complexo Residencial de Lugo, en Lugo; A Devesa, en Ribadeo; e Area, en Viveiro

§       A Consellería de Medio Ambiente elaborou material didáctico para os monitores de tempo libre, que participan nos campamentos xuvenís, organicen actividades en torno á importancia da reciclaxe

§       Ao longo do verán, un equipo de técnicos cualificados inspeccionarán as diferentes localizacións onde se implantará a recollida selectiva a fin de comprobar o estado en que se atopan os medios dispostos

Santiago, 14 de agosto de 2011.- Preto de 1.000 rapaces dos campamentos xuvenís e albergues da provincia de Lugo coñecerán a campaña de recollida selectiva Se paras na praia, separa. Así, un total de 12 grupos de rapaces participantes no campamento Lugo II, en Lugo; A Devesa en Ribadeo; e o albergue Area en Viveiro participan nesta campaña. Esta iniciativa estase a levar a cabo nun total de 9 campamentos e participarán preto de 3.400 nenos e nenas das catro provincias galegas. Cómpre precisar que esta é a segunda ocasión na que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas leva esta campaña de recollida selectiva aos albergues xuvenís, co obxectivo de concienciar aos galegos sobre a importancia da reciclaxe.

Lugo

Lugo

Complexo Residencial Xuvenil Lugo II

Lugo

Ribadeo

Campamento Xuvenil A Devesa

Lugo

Viveiro

Albergue Xuvenil Area

Así, o departamento que dirixe Agustín Hernández repartiu diverso material didáctico para que os monitores de tempo libre que participan nos campamentos xuvenís, organicen actividades e informen sobre a importancia da reciclaxe.

Este material da campaña de reciclaxe empregarase como recurso didáctico ao longo de toda a temporada estival nos diferentes grupos que participan no campamento. Consiste no seguinte:

Os colectores azuis (os específicos para papel e cartón) terán unha presenza máis marcada neste tipo de lugares, xa que nos campamentos se adoita a organizar actividades nas que o uso de papel é frecuente. Así, os 9 albergues xuvenís participantes recibirán material lúdico-educativo deseñado para fomentar a súa implicación na correcta separación dos residuos.

Cómpre recordar que unha das novidades desta edición, é o feito de que a campaña farase extensiva a cámpings das tres provincias costeiras, nos que se instalarán paneis informativos e parellas de colectores verde-amarelo.

PROVINCIA

CONCELLO

CAMPING

PRAIA CERCANA
que xa participa no proxecto

A Coruña

Ribeira

Coroso

Coroso

A Coruña

A Pobra do Caramiñal

Ría de Arousa

Cabío

Lugo

Viveiro

Viveiro

Covas

Pontevedra

Baiona

Baiona Praia

Ladeira

Pontevedra

Sanxenxo

Cachadelos

Maior

O principal obxectivo deste proxecto é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos, xa non só nos seus fogares, senón tamén nas praias que frecuentan durante os meses estivais, onde se xeran cantidades importantes de residuos urbanos. Trátase de que os residuos xerados nas praias e constituídos maioritariamente por envases se recollan selectivamente para que teñan a xestión final máis axeitada.

Mediante as medidas plantexadas neste proxecto mellórase o servizo de recollida e dótase aos areais dos medios precisos para facilitar aos usuarios a súa implicación activa. O plan de recollida permite evitar que unha porción importante de envases lixeiros se desvíe a un destino non desexable para estes, impulsando a reciclaxe e incrementando os ratios de recollida selectiva.

Medio Ambiente lembra que o proxecto posibilita o avanzar un paso máis na xeralización da recollida selectiva a todos os ámbitos de forma que pouco a pouco a separación en orixe sexa un hábito en calquera actividade cotiá.

Campaña de recollida nas praias

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha este verán unha nova edición da campaña de fomento da recollida selectiva que se desenvolverá en máis de 140 praias de máis de 70 concellos galegos dende o pasado, 3 de xullo, ata o 31 de agosto. Esta iniciativa, que conta coa colaboración de Sogama e Ecoembes, está destinada a concienciar sobre a necesidade de separar os residuos en todos os ámbitos, incluíndo os espazos abertos e os escenarios orientados ao ocio.

No conxunto da Comunidade galega, visitaranse máis de 100 areais costeiros e máis de 30 áreas fluviais, nos que se instalarán colectores de residuos apropiados. Na táboa seguinte especifícase o reparto por provincias.

Nº concellos

Nº praias

A Coruña

21

39

Lugo

12

27

Ourense

23

30

Pontevedra

15

50

71

146

En base a este proxecto se instalarán colectores de residuos apropiados, co fin de contribuír a mitigar o impacto que o turismo exerce sobre a produción residuos nos meses estivais, obxectivo recollido no Plan de Xestión Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020.

Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estímase que este proxecto permitirá a recuperación e reciclaxe de arredor de 700 quilos de envases lixeiros cada día, o que sumará un total de máis de 40 toneladas ao final da temporada.

Para alcanzar este obxectivo, técnicos cualificados realizarán inspeccións nas diferentes localizacións onde se implantou a recollida selectiva a fin de comprobar o estado en que se atopan os medios dispostos (carteis, colectores, bolsas, etc.). Así mesmo, realizarase unha serie de caracterizacións dos residuos depositados para obter datos sobre a calidade de segregación e a cantidade de residuos xerados.

Por último, a campaña “Se paras na praia, separa”, conta cunha páxina web propia, www.separanapraia.com, que se manterá activa durante os meses de verán, albergando información sobre o desenvolvemento da campaña.

Exit mobile version