Nota de prensa
Modesto Pose presentou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias
OS SOCIALISTAS ESIXEN AO GOBERNO GALEGO MANTER O TRANSPORTE SANITARIO URXENTE COS MESMOS CRITERIOS EN TODA GALICIA
-O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose erazou a Feijoo “a aplicar de forma sensata, racional e lóxica o novo decreto sobre o sistema sanitario aprobado polo Goberno, porque está a producirse o ridículo máis espantoso”
-Dixo que ao fronte da sanidade de “o Goberno galego non ten liderado nin credibilidade”
-Reclamoulle a Feijoo que deixe a demagoxia e as ocorrencias no sector sanitario e se sumen a racionalidade e ao sentido común da prescrición por principio activo
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2011. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose presentou hoxe, en rolda de prensa, unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclama ao Goberno de Feijoo manter a cobertura do transporte sanitario urxente cos mesmos criterios en toda Galicia. Así mesmo Pose reclama tamén a comparecencia da Conselleira de Sanidade para explicar a aplicación da Lei 9/2011 de 19 de agosto “de medidas para la mejora y cohesión del Sistema Nacional de Salud”.
Sobre o transporte sanitario Pose dixo que podería ser entendible a racionalización do transporte ordinario, pero puntualizou “pero non do urxente, xa que determinados servizos non están xustificados pola súa utilización senón pola seguridade que proporcionan á poboación”. Nese sendo o portavoz socialista quere coñecer que criterios utilizou a Consellería de Sanidade, xa que “reduce o transporte sanitario urxente en Vigo, Baiona, Marín, Ponteareas (Pontevedra) e Foz (Lugo)” e, quere coñecer cal é o estudo técnico que ao que alude a Consellería de Sanidade para reorganizar os recursos.
Por outra banda o portavoz de Sanidade reclamoulle ao Goberno de Feijoo que deixe de facer o ridículo co “cataloguiño” galego de medicamentos impulsado pola Xunta. Nese senso emprazou a Feijoo “a aplicar de forma sensata, racional e lóxica o novo decreto sobre o sistema sanitario aprobado polo Goberno, porque está a producirse o ridículo máis espantoso”, espetou.
Pose dixo que non acostuma a pedir dimisións, pero pola contra afirmou que “Feijoo debe tomar decisións sabendo que hoxe na sanidade de Galicia non temos credibilidade nin liderazgo”. E argumentou que ao fronte da sanidade de Galicia é necesaria unha persoa “con liderado e credibilidade, unhas cualidades que a Conselleira Pilar Farjas esgotou ao escapar da racionalidade, o sentido común e o bo facer”.
Retirar catálogo
O parlamentario socialista emprazou a Feijoo a retirar o operativo do catálogo de medicamentos, e empezar a aplicar as medidas que recolle o novo decreto Lei do Goberno de España. Reclamoulle a Feijoo que deixe a demagoxia e as ocorrencias no sector sanitario e se sumen a racionalidade e ao sentido común da prescrición por principio activo.
Subliñou que para aplicar as novas medias do Goberno de España contan co apoio do Grupo Parlamentario Socialista, ademais destacou que aprobación deste decreto establece non solo a prescrición por principio activo, senón outros temas, como a tarxeta sanitaria única para todo o Estado español, a interconexion da historia clínica dixital, a validez da prescrición electrónica en todo estado, así como unha coordinación estratéxica da atención sociosanitaria.
Así as cousas denuncia que este “novo decreto colleu moi a contrapee á Consellería”, xa que asevera que “camiña a toda velocidade en dirección contraria, preserva os principios de cohesión estatal e establece, entre outras iniciativas, a obrigación de receitar os medicamentos por principio activo e non por marca comercial”, resumiu.
Segundo Pose a diferenza do catálogo galego, “é que non respectaba a libre competencia”, por iso dixo que a nova norma aprobada o pasado 19 de agosto “asegura que o médico só se teña que preocupar do principio activo, da sustancia que cura, e non do nome comercial que exista”, sentenciou.