Nota de prensa
O Portavoz do Grupo Municipal do PSOE de Foz manifesta que o que e evidente non ten modificación, os Gobernos que presidiu , José María García Rivera, en materia Sanitaria experimentouse un avance considerable, e o que está a facer o Goberno do PP no noso Concello en materia Sanitaria e un claro e rotundo retroceso, e nos explicamos:
Cando José María García Rivera, toma as riendas do Concello de Foz polo ano 1995, os Focenses e visitantes tiñan que visitar a Casa do Mar para poder recibir asistencia Médica, coas salas saturadas e con problemas de cabida para tanta afluencia.
O Alcalde axudado polos seus equipos de Goberno ,comeza a planificar o que debe de ser a asistencia correcta e digna dos Focenses, así se compran un solar na Rúa Pintor Laxeiro, onde actualmente está o Centro de Saúde, terreos comprados con moita dificultade por estar as arcas do Concello moi necesitadas de liquidez, así se chega a construír o actual Centro de Saúde e se trasladan as consultas da Casa do Mar
para o novo centro, despois viñeron as loitas polo PAC, desgraciadamente non se conseguiu tal servicio e culpa deso teno a Clase Política sen distincións.
Pero si o Alcalde consigue da Conselleira de Sanidade coa aportación de todos e todas as persoas involucradas do Pobo, Plataforma Sanitaria e veciños que se amplíe o Centro de Saúde, que se poña unha consulta de Odontoloxía, que se poña unha consulta de Fisioterapeuta e sala de recuperación, e que se poña un Médico de garda de Luns a Venres, así como un ATS para os Domingos para o tratamento de curas e outros menesteres.
Tamén queremos recordar o PP que o servicio de Ambulancias que agora queren quitar, foi reclamado e conseguido polos Gobernos de Rivera, así no ano 1998 colocase este servicio en Foz, onde o potenciamos incluso dándolle un local na Casa do Mar por considerar que o servicio significaba estar preto da cidadanía.
Agora resulta que un Alcalde que defende a Consellería vai a tirar por terra todo o conseguido, non estamos de acordo e vamos a pelexar para que as cousas camiñen cara a diante e non cara atrás.