Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz ve estado de abandono no polígono industrial e no entorno da nave multiusos

Nota de prensa

O PSdG-PSOE de Foz, ante as queixas recibidas polos veciños quere denunciar o estado de abandono no que se atopa o polígono industrial, e sobre todo o entorno da nave multiusos municipal.

Tras recibir un aluvión de queixas por parte de veciños, decidimos denunciar publicamente o estado de abandono no que se atopa o entorno da nova nave multiusos municipal, tal e ese estado que incluso comezan a proliferar os vertedoiros incontrolados nas inmediacións. A piques xa de rematar o verán e cando os traballos de roza en outras partes do pobo deberían estar feitos, consideramos que non é normal que as instalacións municipais se atopen en semellante estado de abandono.

Exit mobile version