Nota de prensa
O PSOE DE FOZ LAMENTA QUE O CONCELLO QUEDE CUNHA AMBULANCIA MENOS GRAZAS ÓS RECORTES PREVISTOS POLO GOBERNO DE FEIJÓO
-Sixto Legaspi asegura que “esta medida volve a poñer de manifesto a estratexia de reducción dos servizos sanitarios que pretende o PP”
-A decisión será posta en marcha o 10 de setembro e aseguran que “os únicos perxudicados seremos todos os veciños de Foz”
A Agrupación Socialista de Foz manifesta o seu descontento ante a inminente retirada de ambulancias do 061 en toda Galicia, unha delas no propio Concello de Foz. O anuncio publicado pola CIG asegura que esta decisión é consecuencia dos recortes do actual goberno da Xunta de Galicia.
Luis Alfonso Sixto Legaspi, secretario xeral do partido no municipio, sinalou que “este novo recorte do goberno autonómico non ten xustificación e pon de manifesto unha vez máis a política de recortes sociais que pretende levar a cabo o señor Feijóo. Este é un paso máis na súa estratexia de reducción dos servizos públicos sanitarios”.
Os socialistas engaden que “segundo os datos publicados pola CIG, a decisión será posta en marcha a partir do vindeiro 10 de setembro, día no que quedaremos cunha ambulancia asistencial menos. As consecuencias desta medida de Núñez Feijóo non tardarán en chegar e os únicos perxudicados seremos todos os veciños e veciñas de Foz”.