AS PERLAS MARIÑÁS DE ANTÓN, TEÑEN ERRO.
* En resposta ao artigo de opinión publicado neste xornal titulado PERLAS MARIÑÁS e asinado por Antón, a Agrupación Socialista de Foz quere facer unhas aclaracións.
Sr. Antón tódolos artigos de opinión son moi respectables, gústenos mais ou menos o seu contido.
O que non se pode facer é enchelos de información errónea como vostede fixo, falando da visita do Secretario Xeral dos Socialistas galegos, Pachi Vázquez e invitándoo a usar a pituitaria na depuradora de Foz, dicindo que foi autorizada a súa construcción a 20 metros das casas, por el, sendo Concelleiro de Medio- Ambiente.
Pois non lle foi así, o Conselleiro de Medio- Ambiente era por aquel entonces, José Manuel Barreiro do PP. Coñece a esta persoa? Hoxe é o Presidente do Partido Popular en Lugo.
Pachi Vázquez concedeu a Foz 3 millóns de euros para facer unha nova depuradora en Peizás, pero coa chegada do PP a Xunta e a petición do PP de Foz paralizouse o proxecto.
Varios anos despois, estamos esperando que dean unha ubicación a nova depuradora antes de que se perdan os cartos asignados o Concello de Foz para a súa construcción.
Non se pode esquecer o famoso viaxe do Sr. Cao a Santiago para buscar unha mellor e mais axeitada ubicación, segundo eles. Mentres estes señores do PP pensan e se deciden, en Foz seguiremos con problemas de cheiros e vertidos o quedarse pequena a depuradora existente.
Cando xa podería estar funcionando a nova depuradora para 30.000 persoas, o que se está é esperando a que os señores do PP decidan onde ubicala.
Agrupación Socialista de Foz.