Nota de prensa:
ISMAEL REGO ADVIRTE QUE AS MENTIRAS E INTENTOS DE NOVAS ACTUACIÓNS ESPECULATIVAS NON SOLUCIONARÁN O PROBLEMA URBANÍSTICO DE BARREIROS
-O portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista Ismael Rego sinala que a confianza en torno a seguridade xurídica, sobre as actuacións realizadas fora da legalidade urbanística, so poden acadarse a través da aprobación dun Plan Xeral, e facéndose cada quen cargo da súa responsabilidade, “tamén da económica”
-Reclama responsabilidades e cordura, tanto os responsables da situación creada, como aos actuais responsables da xestión urbanística de Galicia “como única formula para crear a seguridade xurídica e confianza necesaria para que os cidadáns poidan plantexarse comprar unha vivenda novamente en Barreiros”
-Dixo que alguén ten que defender o interese xeral cando se trata dunha inversión de mais de 14 millóns de euros, de recursos que proceden dos impostos que pagan tódolos cidadáns para financiar intereses sobre actuacións privadas, non axustadas á legalidade urbanística de Galicia e nas que existiu conivencia política
Burela, 16 de agosto de 2011. O portavoz de Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego advertiu hoxe que as mentiras e intentos de novas actuacións especulativas non solucionaran o problema urbanístico do concello lucense de Barreiros.
O deputado sinala que a confianza en torno a seguridade xurídica, sobre as actuacións realizadas fora da legalidade urbanística, so poden acadarse a través da aprobación dun Plan Xeral, e facéndose cada quen cargo da súa responsabilidade, “tamén da económica”, puntualizou.
O parlamentario explica que os que aluden a un intento de convenio co Goberno anterior “saben, pero non din que a proposta para a posible legalización do ilegalizable, era o Plan xeral, sen aportacion de fondos públicos para financiar responsabilidades privadas”, subliñou.
Rego reclama responsabilidades e cordura, tanto os responsables da situación creada, como aos actuais responsables da xestión urbanística de Galicia “como única formula para crear a seguridade xurídica e confianza necesaria para que os cidadáns poidan plantexarse comprar unha vivenda novamente en Barreiros, e os promotores das actuacións legalizables poidan rematalas e poñelas á venta con tódalas garantías, tamén no tocante as súas propias responsabilidades”, insistiu.
Dixo que alguén ten que defender o interese xeral cando se trata dunha inversión de mais de 14 millóns de euros de recursos que proceden dos impostos que pagan tódolos cidadáns para financiar intereses sobre actuacións privadas, non axustadas á legalidade urbanística de Galicia e nas que existiu conivencia política.
Así as cousas asevera que hoxe esta función, sen dubida, tócalles exercela ao Presidente da Xunta e o propio Concelleiro de Medio Ambiente e Territorio dentro da xestión do ámbito competencial da Xunta, pero denuncia que o Goberno de Feijoo “non o esta a facer”, por iso afirma que “terán que explicar este asunto política ou xudicialmente se fose preciso”.