O deputado popular sinala que o verdadeiro plan oculto para a sanidade comarcal é o que tiña o bipartito, que pretendía xestionala desde Ferrol e que non investiu un só euro en obras ou melloras neste centro durante a pasada lexislatura
BALSEIRO DI QUE O BNG NON TEN NINGUNHA CREDIBILIDADE CANDO FALA DO HOSPITAL DA COSTA E INVENTA ALERTAS SOBRE CUESTIÓNS DE SANIDADE
Lembra que os nacionalistas repartiron un folleto fai aproximadamente un ano no que cometían o disparete de advertir sobre un inminente peche do hospital e o traslado dos médicos a Lugo, pero o tempo deu a razón ao PP, que reafirma o seu compromiso coa sanidade pública comarcal.
Santiago, 10 de agosto de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro, asegurou que o Bloque Nacionalista Galego ten “credibilidade cero, isto é, ningunha” cando alertan sobre cuestións de sanidade, ou falan sobre o Hospital da Costa, e por iso pide aos veciños da Mariña que non se deixen enganar e non lles fagan caso aos nacionalistas.
O deputado popular sinalou que cada vez que está próximo un proceso electoral no BNG volven a falar de “recortes e plans ocultos” da Xunta sobre sanidade, “pero estas afirmacións nada teñen que ver coa realidade e simplemente responden a un interese dos nacionalistas por asustar á poboación e buscar obter así algún rédito político aplicando a estratexia do medo”.
Para afondar na falta de credibilidade do BNG o deputado popular lembrou incluso que os nacionalistas fai fai aproximadamente un ano repartiron en mercados, centros de saúde e algunhas vivendas un folleto cometendo o disparate de advertir sobre un falso peche do Hospital da Costa e o traslado do persoal médico a Lugo. “O tempo demostrou que esto era totalmente falso, -indicou Balseiro- que ningún goberno que se precie pode adoptar esta decisión”, o tempo veu a dar a razón ao PP quen unha e outra vez reafirma o seu compromiso coa mellora da salidade pública comarcal.
Balseiro sinala ademais que para desmantelar o hospital “xa chegaron os catro anos de goberno bipartito conxunto entre PSOE e BNG”. Foron eles os que “non investiron un só euro neste centro”, e foi o PP quen tivo que executar e facer realidade motias das obras pendentes no centro (rampla, urxencias,…) e quen puxo en servizo novas especialidades (servizo de prevención precoz do cancro do mama, novos ecógrafos, vías rápidas en cardioloxía, parto natural…)
O deputado popular sinala ademais que “quen de verdade tiña un plan oculto para a sanidade mariñá eran eles” pois lembra que encargaron un informe para facer desaparecer a área sanitaria da Mariña e facela depender da área sanitaria de Ferrol. “Así o demostra o documento oficial que nunca foi desmentido”
ÁREA INTEGRADA
Finalmente o deputado popular acusou a BNG de distorsinar a realidade co seu debate sobre a creación das áreas integradas sanitarias. De feito quixo clarexar que esta estrutura “para nada modifican o mapa sanitario das comarcas, todo o contrario, potencia os hospitais comarcais e os centros de saúde de cada comarca, dándolles máis autonomía de xestión e máis capacidade resolutiva”.
Balseiro Orol lembrou ademais que a posta en marcha destas áreas son froito do desenvolvemento da obriga legal que establece o artigo 97 da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia, aprobada durante o goberno bipartito na Xunta. Finalmente o deputado popular sinalou que confía plenamente na palabra dada polo Presidente da Xunta de “manter á Mariña cómo area sanitaria, con total autonomía, con maior capacidade de decisión e máis servizos e cunha sanidade pública mellorada”.