Nota de prensa:
Os populares insisten en que a posta en marcha dunha área de rehabilitación integral (ARI), que debe ser solicitada polo Concello, é a opción máis vantaxosa xa que lles permitiría reparar as vivendas con financiamento da Xunta e do Estado, e facilitaría a reurbanización do barrio afectado polos derrubes
O GRUPO POPULAR PROPÓN SOLUCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DO BARRIO DO CELEIRIÑO ANTE A FALTA DE INTERESE E REACCIÓN DA ALCALDÍA DE VIVEIRO
O bipartito municipal parece obviar os problemas destes veciños que en febreiro de 2008 víronse obrigados a abandonar as súas vivendas como consecuencia dos danos que nelas provocou a cimentación dun edificio contiguo que contaba coa licenza urbanística outorgada pola Alcaldía socialista.
Viveiro, 25 de agosto de 2011.- O Partido Popular quixo ofrecer solucións para compensar a falta de interese e reacción da Alcaldía do concello lucense de Viveiro en relación coas tarefas de rehabilitación do barrio do Celeiriño, que continúan pendentes pese a ter transcorrido máis de tres anos desde que tiveron lugar os primeiros derrubes.
O deputado do Grupo Parlamentario Popular Jose Manuel Balseiro, acompañado do presidente desta formación política en Viveiro, César Aja, e doutros edís populares e veciños, deron a coñecer hoxe sendas iniciativas que serán obxecto de debate -tanto no Concello como no Parlamento- ao inicio do novo curso político, e que buscan a posta en marcha do que se coñece como Área de Rehabilitación Integral (ARI).
Os populares apostan por esta fórmula para darlle unha solución definitiva aos veciños afectados polos derrubes e insisten en que a posta en marcha dunha área de rehabilitación integral, que debe ser solicitada polo Concello, é a opción máis vantasoxa xa que lles permitiría reparar as vivendas con financiamento da Xunta e do Estado, e facilitaría a reurbanización do barrio afectado polos derrubes
A ALCALDÍA AUSENTE
En opinión dos populares a Alcaldía vén demorando sen xustificación algunha esta solución pese a ser plenamente coñecedora de que, coa lexislación vixente na man, esta é a fórmula máis acaída. O bipartito municipal parece obviar unha realidade, que está a xerar gran desacougo entre os veciños afectados, desde que en febreiro do ano 2008 tiveran que abandonar as súas vivendas, como consecuencia dos danos que nelas provocaron as labores de construción e cimentación dun bloque de vivendas contiguo, que contaba coa licenza urbanística outorgada pola Alcaldía socialista.
Fai máis de tres anos esta realidade obrigou á evacuación de moitas das vivendas deste barrio, ao reacollo dos seus propietarios e a o aillamento de moitos veciños carecendo durante todoes este tempo de acceso rodadado, o que impedía a entrada de servizos esencias como o butano, víveres, ou incluso ambulancias.
MAIOR CONTUDENCIA E ASUMIR RESPONSABILIDADE
Os populares insisten en considerar incomprensible que desde a Alcaldía non se actúa con maior contundencia coas empresas responsables dos danos e instan tamén ao Goberno municipal a requirir as indemnizacións oportunas a través da vía xudicial correspondente, lembrándolle que esta petición xa foi acordada por unanimidade no Pleno municipal que tivo lugar o 29 de setembro de 2009.
Lembran ademais que a responsabilidade da empresa causante dos danos xa foi aceptada en vía xudicial e que isto non é óbice para agochar tamén a propia responsabilidade política do alcalde socialista, Melchor Roel quen, con data 25 de maio de 2007, acordou en Xunta de Goberno local, a pesares de poseer informes técnicos e xurídicos negativos e a pesar de que se suscitaban dúbidas sobre a idoneidade dos traballos executados, outorgar a licencia de construción do edificio cuxas obras levaron ao derrube de practicamente todo un barrio.