Nota de prensa:
O GPPP preguntará no vindeiro pleno polo futuro dos traballadores adscritos ó Lugo Emprega
Lugo, a 19 de agosto de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular interésase polo futuro dos traballadores que se beneficiaron do Lugo Emprega, un plan posto en marcha pola Deputación con motivo da celebración das pasadas elección municipais, ante o inminente vencemento dos contratos. Con este obxectivo rexistrou unha pregunta para que sea abordada no vindeiro pleno da Deputación.
Os populares queren saber cal será a postura da administración provincial neste asunto e se ten previsto que a iniciativa teña continudade posto que en breve rematará a vixencia dos contratos suscritos, que tiveron unha duración de seis meses.
Neste contexto dende o GPPP lembran que cando se puxo en marcha este plan xa insistiran na necesidade de establecer actuacións de promoción e creación de emprego que tiveran continuidade no tempo e que non responderan única e exclusivamente a un interese electoral por mor da proximidade das eleccións locais, así como na conveniencia de que se respetara a autonomía dos concellos á hora de desenvolver os procesos de selección dos traballadores.
Os populares optaron por presentar esta pregunta ante o descoñecemento existente sobre a postura que a Deputación adoptarará sobre esta cuestión e porque o futuro laboral dos beneficiarios deste plan está en xogo.