Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP insiste en que na ponte de Arante non se cumpre o que se prometeu

Nota de prensa:
Candia replica ó PSOE que o que se prometeu na ponte de Arante non se está a cumprir e que iso é constatable

Lugo, a 9 de agosto de 2011.- A voceira adxunta do Grupo provincial do Partido Popular replica ós socialistas de Ribadeo que é “unha excusa pobre achacarlle as culpas a outra administración para esquivar a responsabilidade propia”.

Elena Candia insiste en que é a Deputación a que asumiu a redacción do proxecto e a execución das obras da ponte de Arante e que é a súa competencia “exclusiva” responder sobre o estado no que se atopan os traballos. Máxime, segundo recalca, cando o presidente da institución José Ramón Gómez Besteiro “vanagloriouse reiteradamente” sobre o “exemplo” que tan actuación ía supoñer tanto pola “excelencia” coa que se ía acometer a obra como polo “tempo record” na que se ía realizar.

“A realidade, coma sempre acontece coas promesas que fai Besteiro, dista moito do anunciado”, aseverou Candia, quen se amosou perplexa porque ós socialistas lles “amole que o GPPP cumpra co seu cometido”.

A este respecto, avanzou que os populares desenvolverán “con responsabilidade” a súa laboura como oposición na Deputación e eso, segundo especificou, supón “fiscalizar a acción de goberno e comprobar sobre o terreo se o que se promete se está a cumprir e, se non é así, criticalo”. “No caso da ponte de Arante o que se dixo que se ía facer non se está a cumprir e iso é constatable”, concluiu.

Exit mobile version