Nota de prensa:
Barreiro adianta que o PPdeLugo fará unha campaña de “proximidade e intensiva”
Os populares iniciaron hoxe en Foz o seu calendario de reunións comarcais preparatorias, que agardan ter rematadas a finais de setembro
Afrontan a nova cita electoral co reto de aumentar o número de representantes nas cámaras nacionais, avalados polo importante incremento experimentado nas pasadas municipais
Foz, 12 de agosto de 2011.- O PPdeLugo iniciou hoxe o calendario de reunións preparatorias das vindeiras eleccións nacionais fixándose como principal obxectivo mellorar os resultados acadados en 2009 e así, segundo indicou o presidente provincial, incrementar o número de representantes no Congreso dos Deputados.
Os populares fundamentan estas expectativas no importante incremento experimentado na provincia nos pasados comicios locais. Un respaldo electoral que, no caso da Mariña, converteu ó PP na forza maioritaria en 14 dos 16 concellos que conforman o partido xudicial e gobernar en 11 deles.
En opinión de José Manuel Barreiro o PPdeLugo está en condicións de lograr ese obxetivo e a “delicada situación que vive o país fai obrigado que nos impliquemos ó máximo en contribuir a que o 20-N se produza un cambio de goberno que permita afrontar con seriedade, ideas e moito traballo a recuperación económica de España”.
“Debemos actuar con responsabilidade, con amplitude de miras e con esprito optimista pese o difícil contexto no que nos atopamos. O reto é remontar esta crise e neso temos que centrarnos”, engadiu.
A previsión dos populares é desenvolver de aquí a finais do mes de setembro xuntanzas comarcais, como a celebrada hoxe en Foz e coa que se deu inicio a este calendario, nunha primeira fase de posta a punto, que posteriormente complementarase cunha “clara e exhaustiva” explicación do programa co que o Partido Popular concurre ás eleccións.
Neste contexto, segundo adiantou José Manuel Barreiro, o esquema de traballo basearase, “como xa é habitual no noso partido, na proximidade pero tamén, dadas as circunstancias na intensidade”.
“O contacto directo co electorado será prioritario. As reunións sectoriais serán a ferramenta da que nos valeremos para facilitar a interacción dos nosos representates cos asistentes para así recabar tamén as súas opinións e valoracións sobre as nosos propostas”, explicou.