Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo censura os comentarios vertidos polo alcalde ao equiparar a obtención da Q de calidade co das bandeiras azuis

Nota de prensa

NOTA PRENSA

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribadeo quere amosar a súa satisfacción polo feito de que os nosos veciños e veciñas foran quen de acadar para as praias de As Catedrais e os Castros- As Illas a marca Q de calidad que ven outorgada polo “Instituto para la Calidad Turística Española”, entidade privada de ámbito nacional, formado polas asociacións turísticas nacionais tales como a SET, as CCAA e a FEMP e que xa ten recoñecido este distintivo para outros 182 areais de todo o territorio español.

Dito o cal queremos censurar os comentarios vertidos estes dias polo Sr. Alcalde ao equiparar a obtención deste distintivo co das bandeiras azuis, tralo que se agocha a intención de restarlle importancia ao feito de que este ano a Praia de As Catedrais perdera a bandeira azul e xustificar ante os veciños con esta excusa a súa lamentable actuación e a do seu equipo neste asunto.

Compre salientar, para que así o saiban os nosos veciñas e veciños que, en tanto que a marca Q de calidade é un distitntivo outorgado por unha entidade privada de ámbito nacional co que se recoñece a calidade dos servicios e infraestructuras (non contempla as medidas dirixidas a garantir a sostibilidade do medio natural) e polo que o noso Concello, ademáis de ter aboado no seu dia uns gastos por adhesións, certificados, … ten que aboar anualmente unha remuneración económica, a bandeira azul é un distintivo que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), organismo comisionado pola UE, polo tanto de ámbito Europeo, e coa que se recoñece a calidade medioambiental, de servizos e infraestructuras dos areais e portos, valorando, deste xeito, non só os servizos e infraestructuras de que dispoñen, senón, especialmente, as medidas adoptadas para garantir a conservación e mantemento da riqueza natural e paisaxística que representan estes recursos da natureza, sendo a súa concesión totalmente gratuita para o Concello.

As nosas praias (As Catedrais, Esteiro, As Illas, Os Castros, …) ademais de seren un dos reclamos turísticos máis importantes da nosa Vila, coas conseguintes e importantes repercusións económicas que desto se derivan, son, sobre todo, monumentos naturais e paisaxísitcos singulares, que precisan de especiais medidas de protección que garantan a súa conservación e sostibilidade como maravilla da natureza que son, todo o cal esixe dunha especial dilixencia na súa xestión, que non se pode facer depender de medidas illadas e ocasionais, senón que require dun PLAN DE ACTUACIÓN INTEGRAL DAS NOSAS PRAIAS, que contemple dende as medidas dirixidas á conservación do medio e do seu contorno, á prestación dos servicios de socorrismo, pasando polo servizo de limpeza, aparcamentos, duchas, sanitarios, … sendo obriga do Alcalde e do seu equipo de Goberno dotar ó pobo de Ribadeo deste instrumento de ordenación e de uso das nosas praias, elaborado con rigor e tempo suficiente para que, chegado o verán, fora executivo; pero non foi así, de xeito que, unha vez máis, a xestión e mantemento destes recursos naturais continúa a depender de decisións illadas e improvisadas.

Non cabe excusar e xustificar a inoperancia do Sr. Alcalde e a do seu equipo neste tema nas actuacións que poideran ter ou non levado a cabo outras institucións, ou na obtención duns distintivos que, aínda sendo benvidos, non xustifican a perda doutros. Non cabe botar balóns fóra, cada quen ten que responder das súas obrigas, e a do Alcalde e o seu equipo de Goberno é impulsar as actuacións necesarias neste eido para dotar a Ribadeo e as súas praias deste plan de actuación permanente que permita garantir a sostibilidade do ecosistema a través da adopción de medidas que aseguren o equilibrio entre a conservación do medio e o seu uso e disfrute polas nosas xentes e os visitantes.

Exit mobile version