Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de O Valadouro pide que non se peche o colexio público de Alfoz

NOTA DE PRENSA

O alcalde do Valadouro cualifica a proposta socialista de “ocorrencia veraniega” e de petición improcedente, inoportuna e totalmente extemporánea

LAMELA ESIXE AO PSOE DO VALADOURO QUE RETIRE A MOCIÓN NA QUE PEDÍAN O PECHE DO COLEXIO DE AFOZ

· Di que abrir este debate agora só pode contribuír a enrarecer as relacións co municipio veciño que sempre foron “exemplares” e de “mutua colaboración” .

O Valadouro, 17 de agosto de 2011.- O rexedor popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela, esixiu no día de hoxe ao PSOE local que retire de xeito inmediato a moción pola que veñen a pedir o peche do colexio público do concello veciño de Alfoz e cualificou esta petición como “improcedente, inoportuna e extemporánea”.

Lamela insistiu na improcedencia da moción socialista “por canto non ten sentido algún que desde o Valadouro teñamos que dicirlle aos veciños de Alfoz o que teñen que facer, e máis cando se trata de pedirlles que pechen o seu colexio e integren ao seu alumnado no noso”. O rexedor popular considerou tamén pouco oportuna a idea socialista, “pois o xeito de combater a crise e a baixa natalidade non é precisamente suprimindo servizos, nin pechando colexios públicos, senón máis ben todo o contrario”

O rexedor popular reclamou aos socialistas que non sometan o texto da moción ao seu debate no vindeiro pleno municipal. Sinala que de actuar no sentido contrario, os socialistas o único que van a conseguir é “enrarecer” as relacións cos veciños do municipio veciño, “que ata o de agora sempre foron exemplares, de total colaboración e comprensión mutua”. Lembrou que incluso o PSOE de Alfoz discrepa desta proposta.

O mandatario do Valadouro lamenta que o PSOE só busque xerar “polémicas estériles, non sei con que obxectivos pero está clara que non son educativos” e sinalou que esta actitude equivocada “debe cesar e non debe volver a darse no futuro”. Quixo trasladar tamén que a proposta contida na moción “é estritamente responsabilidade do PSOE e que para nada comparten o seu contido o Equipo de Goberno do Valadouro, nin os seus veciños”.

Lamela asegurou que calquera debate que se pretenda suscitar respecto do futuro dos centros educativos pasa por unha análise moito máis rigorosa e seria e, sobre todo, polo consenso entre as administracións implicadas (Xunta e Concellos), ás comunidades educativas: mestres, pais e nais, e non polas “ocorrencias de verán” dos dirixentes do PSOE local. Considerou a proposta ademais como extemporánea “porque a poucos días do inicio do curso escolar -en setembro- xa esta todo está decidido”.

Exit mobile version