NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR
O PP de Burela afirma que a portavoz do Grupo Mixto, Nieves Cando, non é quen para pedir explicacións.
Os populares din que Cando nunca explicou porque deixou sen subvencións ás asociacións.
Defenden as respostas dadas polo alcalde ás preguntas formuladas por Cando.
Burela, 16 de agosto de 2011.- O PP de Burela saiu hoxe ó paso das manifestacións feitas públicas pola portavoz do Grupo Mixto, Nieves Cando, sobre a falla de explicacións do alcalde a certas preguntas por ela plantexadas no pleno de hai quince días.
Para os populares, “as respostas do alcalde foron axeitadas en todo momento e dentro do respecto político que debe primar nunha corporación municipal. Sobre o curso de jazz, o alcalde dixo que os cartos que lle custaría ese curso ó concello repercutirían na maioría dos alumnos da Escola de Música, polo que lle pedimos paciencia á Sra. Cando, ainda que a bos entendendores poucas palabras lle fan falla. Pero se se trata de facer máis con menos, estamos totalmente de acordo co manifestado polo alcalde”.
Segundo o PP, “quen ainda non deu explicacións da supresión das axudas a asociacións e colectivos culturais ou das célebres axudas de corenta euros de comenzo de curso, non está lexitimada para pedirlle explicacións inmediatas a ninguén”.
Sobre as contratacións feitas polo equipo de goberno do PP, en concreto sobre unha praza de socorrista, “supoñemos que a Sra. Cando non fala novamente de oídas. O que sí resulta sorprendente é que esta señora dubide da legalidade dun proceso no que os aspirantes foron enviados polo INEM e as bases foron practicamente as mesmas cas empregadas en 2010. Tamén sorprende que sexa ela quen poña atrancos ilegais para a contratación, pero que no seu día non dubidou en validar contratacións de persoal con bases nas que solo faltaba poñer o nome da persoa seleccionada”.
Finalmente, o PP burelés pídelle a Nieves Cando que, desde o Grupo Mixto, faiga aportacións para millorar a situación de Burela e dos seus veciños, porque consideramos que unha persoa capaz non debe perder o tempo, xa a principios de lexislatura, en crear crispación e en sementar dúbidas, ainda que Nieves Cando tamén é capaz de crear crispación e sementar dúbidas, estratexia que debe mudar porque á vista están os resultados do 22 de maio de que non lle deu moi bon resultado.