Nota de prensa
Os vindeiros 19, 20 e 21 de Agosto o Concello de Foz vai a organizar no Paseo de Colón (Praia da Rapadoira) o I TORNEO BASKET 3X3 URBANO “Vila de Foz 2011”.
O venres día 19, a partir das 16:00h., será o turno para as categorías sub-12 e sub-16. A incrición é gratuíta e os tres primeiros clasificados de cada categoría serán agasallados con medallas e cadanseu trofeo. Tamén levarán trofeo os gañadores dos concursos CANASTRA DENDE O MEDIO CAMPO e o TWO BALL.
O sábado 20 e Domingo 21, a partir das 11:00h., será o turno da Categoría Senior (maiores de 16 anos). Nesta categoría a inscrición será de 30€ por equipo que estarán formados por un máximo de 4 xogadores.
Os premios serán os seguintes:
→1º CLASIFICADO: 300€ + TROFEO
→2º CLASIFICADO: 200€ + TROFEO
→CONCURSO DE TRIPLAS: 100€ + TROFEO
→TWO BALL: 150€ + TROFEO
●INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS
Teléfonos: 630352462 / 625980595
O sorte terá lugar o Xoves 18-8-2011 ás 20:00h. na Casa da Xuventude do Concello de Foz.