Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela organiza unha observación da zona intermareal para analizar a flora e a fauna no Portelo

Nota de prensa

O PORTELO ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA ACTIVIDADE PARA NENOS DE 7 A 12 ANOS. TRÁTASE DE A AULA NA PRAIA.

Burela, 8 de agosto de 2011. A praia do Portelo será escenario mañá martes dunha actividade destinada aos nenos de 7 a 12 anos. Está organizada pola Delegación Municipal de Medio Ambiente e Gaia e desenvolveráse a partires das 11 da mañá.

A edil popular Patricia López Eijo sinalou que “os protagonistas serán os nenos que participan nas actividades de verán Gaia 2011, pero esta actividade tamén estará aberta a todos aqueles nenos que estean no Portelo nese momento e que queiran disfrutar desta proposta”.

A concelleira de Medio Ambiente explicou que “A aula na praia consiste nun taller didáctico no que os nenos terán que facer unha observación da zona intermareal para posteriormente analizar a flora e a fauna do noso litoral coa axuda dunha guía publicada polo Concello de Burela que identifica a vexetación da zona”.

Exit mobile version