Nota de prensa:
A PRAIA DO PORTELO SERÁ ESCENARIO MAÑÁ DUN CONCURSO DE DEBUXO PARA NENOS. A ACTIVIDADE DARÁ COMEZO ÁS 12.
Burela, 10 de agosto de 2011. A praia do Portelo será escenario mañá xoves dun concurso de debuxo. A actividade dará comezo ás 12 do mediodía.
Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “as monitoras de Gaia en colaboración cos monitores de tempo libre do Concello organizarán un concurso de debuxo mañá xoves a partires das 12 horas na praia do Portelo. Os nenos participantes nas actividades de verán Gaia e nas de tempo libre, así como todos aqueles que queiran achegarse a este areal, terán que deixar voar a súa imaxinación para plasmar a modo de debuxo con lápiz e papel como é a súa praia ou como lles gustaría que fose. Todos os participantes recibirán un agasallo pola súa participación”.
Aula na praia
Un grupo de nenos acudiu onte á Aula na praia que tamén se desenvolveu na praia do Portelo, “alí os alumnos observaron a zona intermareal para posteriormente analizar a flora (algas, líquenes) e a fauna (crustáceos, moluscos) do noso litoral coa axuda dunha guía que identifica a vexetación do litoral. A actividade complementouse cunha ficha explicativa sobre os problemas relacionados coa contaminación nas praias (vertidos, residuos, construccións a pé de praia), e conceptos relacionados coa costa como os emisarios, o concepto de acuicultura, piscifactoría, etc. Esta aula forma parte dunha serie de saídas que desde a ocioteca se están a realizar ao longo de todo o verán aproveitando as actividades que se poden realizar o aire libre a carón dun recurso tan valioso como son as nosas praias”.