Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela asegura que retirou oito camións de material inservible de A Marosa

Nota de prensa

O CONCELLO ADECENTA O RECINTO DEPORTIVO DE A MAROSA. ESTES DÍAS FORON RETIRADOS OITO CAMIÓNS DE MATERIAIS INSERVIBLES. BEATRIZ PIÑEIRO AFIRMA QUE SE RACIONALIZARÁ O USO DAS INSTALACIÓNS.

Burela, 10 de agosto de 2011. O Concello de Burela está levando a cabo labores de adecentamento no recinto deportivo de A Marosa, dado que o entorno do campo de fútbol de herba natural estaba en boa parte en estado práctico de abandono.

A edil de Deportes, Beatriz Piñeiro, sinalou que “ditas labores consisten no segado da herba do recinto, pintado de parte das instalacións, reparación de desperfectos e retirada de materiais de escombro que existían dentro do recinto. Tanto é así, que se levan retirado oito camións de distintos materiais totalmente inservibles. Cando se acabe esta actuación confíase en que o aspecto do recinto cambie substancialmente”.

O alcalde, José María González Barcia, xunto coa concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, e o de Persoal, José Casas, comprobou como avanza esta actuación esta mesma mañá, traballos previos ao partido que o vindeiro venres disputarán os equipos do Celta de Vigo e C. D. Lugo ás sete da tarde, pero tamén previa ao comezo da temporada por parte da S. D. Burela.

A edil popular indicou que “se está a traballar sobre a racionalización do uso das instalacións e tamén de cara a mantelas en condicións dignas para a práctica deportiva”. E adiantou que “está previsto que o persoal de obras do Concello proceda de forma periódica pero sistemática a facer as labores de mantemento que son imprescindibles para que estean en condicións. Determinadas estruturas contan xa con moitos anos co consecuente deterioro, deterioro que queremos evitar, porque unhas novas instalacións semellantes a estas serían costosísimas; ademais, tampouco podemos permitir a acumulación de materiais de escombro, porque deslocen totalmente as instalacións e transmiten unha sensación de desidia e abandono”

Exit mobile version