O Club Náutico de Ribadeo a través da Federación Galega de Vela organiza un curso para a obtención da autorización federativa para o manexo de embarcacións de lecer de ata 50 CV e 6 metros de eslora (TITULÍN). O exame terá lugar o venres 26 de agosto ás 19 horas e as clases teórico-prácticas serán o mércores, xoves e venres da vindeira semana. Os interesados en inscribirse deben poñerse en contacto co Club Náutico de Ribadeo.