Nota de prensa:
XA ESTÁN EN MARCHA OS PREPARATIVOS DA III FESTA DO SOCIO QUE ORGANIZA O CLUB NÁUTICO DE RIBADEO. O 13 DE AGOSTO PEPE SANTIAGO COCIÑARÁ UNHA PAELLA PARA 1.000 PERSOAS.
Ribadeo, 10 de agosto de 2011. Xa queda menos para a celebración da III Festa do Socio que organiza o Club Náutico de Ribadeo. Nas últimas horas comezou a instalación das carpas nas que se desenvolverá o evento o vindeiro sábado, 13 de agosto, a partires das 21 horas.
O presidente do CNR, Mario Coto, dixo que “se trata do broche de ouro á XXI Semana Náutica na que nos atopamos inmersos. É a terceira festa que facemos desde que nós chegamos ao Club Náutico, nas dúas anteriores fixemos unhas espectaculares churrascadas e este ano decidimos facer unha paella, que vai elaborar o coñecido restaurador asturiano Pepe Santiago. É unha persoa que está moi acostumada a facer eventos deste tipo, a cociñar pratos para moitos comensales como fabadas, etc”. Coto explicou que “o que se vai facer é unha grande paella de marisco que levará bogavante, nécoras, langostinos, cigalas… serán máis de 700 os comensales que disfrutarán desta exquisitez o vindeiro sábado”. O presidente do Club Náutico de Ribadeo agarda que “saia moi ben, o sabor desta macropaella ten que ser igual que o dunha elaborada para catro persoas, tal e como nos decía hai uns días o propio Pepe Santiago”. A paella levará, entre outros, arredor de 140 kilos de arroz, 250 de bogavante, 100 kilos de langostinos, 100 de kilos de mexilóns e outros tantos de nécoras e de calamares.
A III Festa do Socio do CNR estará amenizada no seu inicio por uns gaiteiros, despois serviráse a cea e a continuación actuará un grupo musical “para que a xente baile, tome unha copa e disfrute desa noite dos socios. É o evento máis importante da XXI Semana Náutica”.
Mario Coto engadiu que “despois aínda nos quedan máis actividades como a IV travesía a Tapia de cruceiros que será o 14 de agosto, o día 15 teremos o II trofeo de cruceiros ACISA/CCA e a entrega de premios da XXI Semana Náutica Ría de Ribadeo e o 17 de agosto a zalea a Abres”.