Porcillán acolleu esta mañá unha xornada de salvamento e seguridade que foi impartida por persoal da empresa asturiana Repnaval e por un técnico da Capitanía Marítima de Burela. Os asistentes puideron ver cómo se dispara unha balsa salvavidas, cómo se fan sinais de auxilio no mar e outras cuestións relativas ao salvamente e á seguridade. O acto enmárcase dentro da XXI Semana Náutica Ría de Ribadeo que organizou o CNR.