Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros interesase pola posible apropiación dun terreo público por parte dun promotor inmobiliario en San Bartolo

Nota de prensa

O BNG PREGUNTARÁ EN PLENO POLA POSIBLE APROPIACIÓN DUN TERREO PÚBLICO POR PARTE DUN PROMOTOR INMOBILIARIO NA ZONA DO SAN BARTOLO.
Os veciños aseguran que puxeron a situación en coñecemento do concello de Barreiros sen obter ningunha resposta ao respecto.

Barreiros, 20 de agosto do 2011. O BNG tivo coñecemento nos últimos días dunha situación anómala nunha urbanización que se está construíndo en San Bartolo. Segundo comunicaron varios veciños, a empresa construtora está a levar a cabo as obras apropíandose, presuntamente, dun terreo público de uso veciñal no lugar de San Bartolo. Segundo indicaron “parece ser que o construtor presentou como propio o terreo público anexo á finca da que é propietario, en base a o planeamento catastral, para solicitar a licenza de obra e está obrando sobre o mesmo como se, de facto, fose da súa propiedade. Esta situación foi posta en coñecemento tanto do propio Concello de Barreiros, coma do propio catastro. Desdeo catastro tense iniciado un expediente, de cara a aclarar tal situación, no que, parece ser que se personou unha asociación veciñal, pero  non se obtivo resposta da institución municipal”.
Desde o BNG entenden que “se o Concello de Barreiros ten coñecemento desta cuestión, debe velar polos intereses xerais e facer todo o que sexa posible para, en caso de que se esteña producindo esta situación, recuperar o terreo público en beneficio das veciñas e dos veciños e non en beneficio dun promotor privado”.
Ademais sobre a obra obxecto de debate existen numerosas dúbidas, xa que se ten incoado un proceso sancionador por parte de Augas de Galicia ao existir diversas denuncias sobre a actuación do promotor sobre o Rego do Lopo. Igualmente non se ten obtido información algunha sobre a existencia de licenza e os termos nos que esta se poida ter obtido.
Debido á preocupación existente entre as veciñas e os veciños da zona, o BNG preguntará en pleno polas circunstancias desta urbanización e non descartan solicitar un pleno extraordinario para tratar este asunto. Igualmente, solicitarase toda a documentación que obre en poder do Concello de Barreiros ao respecto desta urbanización. Desde a formación nacionalista aseguran que “o goberno municipal debe interesarse por este asunto de cara a defender os intereses  xerais. Se esto se está a producir tal e como relatan as veciñas e veciños, o Concello de Barreiros estaría constatando unha deixadez de funcións absoluta e unha falla de respecto ás e aos cidadáns; antepoñendo os intereses dun promotor inmobiliario aos intereses das e dos barreirenses. Esta situación sería intolerable para un goberno elixido para defender os intereses das e dos cidadáns”, conclúenos nacionalistas.

GASODUTO: DESDE O BNG RECOMÉNDANLLE A ALFONSO FUENTE QUE ASUMA AS SÚAS RESPONSABILIDADES E DEIXE DE DESVIAR A ATENCIÓN.

Desde o BNG amósanse sorprendidos polas declaracións do Alcalde ao respecto do pleno no que se aprobou por unanimidade asumir como propias as alegacións veciñais. Entenden desde o BNG “que non son máis que excusas de mal pagador, cando trata de confundir novamente aos veciños desviando a atención cara a Deputación Provincial; tendo en conta que as responsabilidades da institución provincial están noutra orde e quen ten que preocuparse de defender os intereses veciñais é o goberno municipal; máximo canto hai dous membros do goberno cobrando do herario público: o propio Alcalde e o concelleiro de obras, que debería preocuparse de algo máis que de enchufar a familia no concello.” “Unha vez máis, con estas declaracións o Alcalde demostra que os problemas dos barreirenses non son as súas prioridades, tendo que ser o BNG quen dera resposta ás demandas veciñais e lles garantira os seus lexítimos canles de participación”, aseguran os nacionalistas.

Exit mobile version