Nota de prensa:
“ O BNG CRITICA QUE O ALCALDE FALTE A SÚAS RESPONSABILIDADES”
Dende o Bng de Alfoz criticamos que o alcalde Emilio Lousas falte as súas responsabilidades como rexidor do concello.
Onte mércores día 10 de agosto celebrouse o pleno de constitución da mancomunidade de municipios da mariña para o cal estaban convocados os respectivos representantes de cada concello, no caso de Alfoz son un representante polo PP e outro polo partido socialista que neste caso cederon o posto a Iván Marrube portavoz d Bng.
Na mencionada convocatoria non puido constituirse o pleno da mancomunidade debido a ausencia inxustificada de varios membros entre os que estaba o reprsentante do pp de Alfoz.
Para a constitución do pleno da mancomunidade son nencesarios un mínimo de 17 membros, na convocatoria de onte faltaron 3 para poder constituilo.
O alcalde de Alfoz mostra así unha gran irresponsabilidade, faltando o seu deber como alcalde e co compromiso que ten cos veciños de Alfoz.
“Emilio é un profesional da política e cobra por exercer de alcalde e por representar a totalidade de veciños do concello, lamentablemente e moi triste que co caro que lle sae o alcalde os veciños non cumpra co seu traballo”
Así nos amosa unha mostra máis da falta de compromiso que teñen no pp de Alfoz cos seus veciños e as obrigas que teñen cos mesmos.
A próxima convocatoria e para venres as 20:00 e apelamos o sentido común do Alcalde de Alfoz para que non cometa un novo acto de irresponsabilidade e falte as súas obrigas como alcalde.