O APARCAMENTO SOTERRADO NA PRAZA CONDE DE FONTAO DE FOZ
Todos os veciños de Foz coñecemos o macroproxecto que para o porto de Foz fixo o PP na campaña electoral das últimas eleccións municipais.
En dito proxecto figuraban un montón de atraques, unha estación náutica, espazos verdes, servizos turÍsticos, un centro de ocio, a casa da musica, un aparcamento soterrado e a casa da musica entre outras cousas.
E certo que a maioría dos veciños de Foz pensamos que se trataba de unha desas promesas electorais que se fan para non ser executadas. O mundo da política permite estas cousas que non son de recibo en ningunha outra actividade da vida.
Pero resulta que este martes pasado, día 9 de Agosto de 2011, na zona do porto, Foz estaba ateigado de xente a hora do mercado. Resultaba moi difícil moverse. Por un lado os postos do mercado, de outro as barracas e atraccións típicas das festas, a presenza de moita xente, e por riba os coches que sempre resultan molestos en espazos reducidos.
Ante o cariz que tomou a situación o goberno municipal ocorréuselles a feliz idea de abrir o aparcamento soterrado da praza Conde de Fontao. Iso si. Fixo con tanta presa que se esqueceu de facer a escavación previa e a obra civil que conleva unha instalación dese tipo. Xa nin falamos da licenza nin nada parecido.
Axuntamos a foto do primeiro afortunado que usou dito aparcadoiro.
O que non sabemos e a tarifa de dito aparcamento, nin cando se continuaran as obras das outras instalacións que figuran no proxecto de reorganización integral do porto de Foz.
Pero vendo a presa co que actúa este goberno, non me estrañaría que en calquera momento se abran ao público.
Fdo.: O Fareiro de Foz