Nota de prensa:
O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS ACUDIRON A FELICITAR A AURELIA VIGO, UNHA ANCIÁ DA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE DE BURELA QUE HOXE CUMPRE 100 ANOS.
Burela, 9 de agosto de 2011. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, acudiron hoxe a felicitar e agasallar a Aurelia Vigo Vigo, unha anciá da residencia da terceira idade de Burela que hoxe cumpre 100 anos.
Segundo explicou Diana Durán, “Aurelia naceu en Sobrado (Lugo) o 9 de agosto de 1911 e vive na residencia da terceira idade de Burela desde hai 18 anos. Foi unha das primeiras persoas en ser interna nestas instalacións, xa que ela ingresou aos dous meses da apertura da residencia cando apenas había alí 30 internos”.
Aurelia Vigo estivo acompañada na celebración que tivo lugar esta mañá polos compañeiros residentes, polos traballadores do centro, pola directora da residencia, o xefe do servizo de dependencia da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, o alcalde de Burela e a concelleira de Servizos Sociais. A anciá homenaxeada recibiu un ramo de flores e un portafotos cun retrato dela, entre outros agasallos.