Iago Míguez Expósito regresa ao Burela procedente o Azkar Lugo FS
O BURELAO IAGO MÍGUEZ REGRESA ÁS SÚAS ORIXES PARA VESTIR DE LARANXA
A chegada do brillante Iago Míguez faise realidade tras carta de liberdade concedida pola entidade transportista, na que o burelao militou as últimas catro tempadas. Xa na súa etapa de base no CD Burela FS o mariñán apuntaba maneiras, cos títulos de campión de España coa Selección Galega e de Máximo Goleador na categoría infantil, en 2004-05; campión da Liga Autonómica Cadete e subcampión de España con Galicia Cadete, en 2005-06; ou como campión de España e Mellor Xogador, en 2006-07. En 2007-08, Iago Míguez incorporouse ao Azkar para formar parte do cadro xuvenil e do equipo de Primeira Nacional A. Tan só unha tempada despois, con 17 anos, puido debutar na División de Honra co primeiro equipo e, pouco a pouco, foi gañándose un sitio tanto no vestiario lugués coma na máxima categoría. En maio de 2011, o seu traballo e calidade foron recoñecidos coa convocatoria para participar nunha concentración da Selección Española Sub-21.