Nota de prensa.
Máis de 200 persoas participaron na II MARCHA NOCTURNA do sabado,13 de agosto en Foz organizada pola Asociación Os Sendeiros . Xente de Galicia,Asturias, Pais Vasco, Madrid, Francia, Cataluña, e de Belorrusia formaron unha serpe multicultural a o longo do paseo de Malates de Foz. Ao remate da ruta a organización ofreceu unha GRAN CHOCOLATADA CON BIZCOITOS gratuita para os participantes,servida polo restaurante Dandy de Foz. Os alí presentes quedaron satisfeitos polo traballo feito e con gañas de repitir a experiencia.
Os Sendeiros de Foz queremos dar as grazas pola gran asistencia de andarines, e a colaboración do Concello.
Comentar tamén que dende o día 15 ata o 31 de agosto queda aberta a exposición de fotografía “Rutas 2010 e Conchas do Mar” que faen Os Sendeiros e Salustiano Niñe Fraga.
