Nota de prensa
PRESENTACIÓN SOLIDARIA DO CD BURELA FS, O XOVES 11, ÁS 20.30 HORAS
Vista Alegre dará a benvida ao renovado proxecto do CD Burela FS para o espectáculo da Primeira e Segunda División mañá pola tarde, coa presentación dos cadros de Javier Pardeiro e Quique García. A cita arrancará ás 20.30 horas.
Os afeccionados/as terán a oportunidade de gozar cos primeiros toques dos novos Burela FS e Burela FS Pescados Rubén nun partido entre as dúas grandes potencias laranxas, con aliñacións mixtas. Baixo a batuta de Pardeiro xogarán Jozi, Iago Barro, Lucía, Turero, Claudia, Juanma, Peque, Dani Martín, Rosana, Silvia, Ique e Clebinho, co xuvenil Antón Couto, que realizará a pretempada co equipo sénior. Na convocatoria de Quique estarán Brais, Irene, Purao, Haydée, Dolo, Manu, Maite, Iago Míguez, Lidia, André, Víctor, Christian e a cadete Paula Cortiñas, que participará na preparación do Burela FS Pescados Rubén.
A entidade burelista habilitará unha Fila 0 para a ocasión, cuxa recadación se destinará á asociación Camiña e á Fundación Eu Son de Burela. Aquelas persoas que non poidan asistir á primeira cita laranxa de 2011-12 tamén poderán colaborar cos devanditos colectivos facendo as súas doazóns en:
Asociación Camiña: 2100-2460-80-0200084741 (La Caixa)
Fundación Eu Son: 2091-0109-83-3040018867 (Novacaixagalicia)