Nota de prensa
PRESENTACIÓN SOLIDARIA DO CD BURELA FS, O XOVES 11, ÁS 20.30 HORAS
Vista Alegre dará a benvida ao renovado proxecto do CD Burela FS para o espectáculo da Primeira e Segunda División mañá pola tarde, coa presentación dos cadros de Javier Pardeiro e Quique García. A cita arrancará ás 20.30 horas.
Os afeccionados/as terán a oportunidade de gozar cos primeiros toques dos novos Burela FS e Burela FS Pescados Rubén nun partido entre as dúas grandes potencias laranxas, con aliñacións mixtas. Baixo a batuta de Pardeiro xogarán Jozi, Iago Barro, Lucía, Turero, Claudia, Juanma, Peque, Dani Martín, Rosana, Silvia, Ique e Clebinho, co xuvenil Antón Couto, que realizará a pretempada co equipo sénior. Na convocatoria de Quique estarán Brais, Irene, Purao, Haydée, Dolo, Manu, Maite, Iago Míguez, Lidia, André, Víctor, Christian e a cadete Paula Cortiñas, que participará na preparación do Burela FS Pescados Rubén.
A entidade burelista habilitará unha Fila 0 para a ocasión, cuxa recadación se destinará á asociación Camiña e á Fundación Eu Son de Burela. Aquelas persoas que non poidan asistir á primeira cita laranxa de 2011-12 tamén poderán colaborar cos devanditos colectivos facendo as súas doazóns en:
Asociación Camiña: 2100-2460-80-0200084741 (La Caixa)
Fundación Eu Son: 2091-0109-83-3040018867 (Novacaixagalicia)
Na imaxe, de esquerda a dereita: Diana Durán García (vogal do padroado da Fundación Eu Son Burela), Noelia Eijo Quelle (directora de Fundación Eu Son de Burela), José María González Barcia (presidente do padroado Fundación Eu Son Burela), José Ramón González Casas (presidente do CD Burela FS), Silvino Oroza (presidente da asociación Camiña) e Manuel Blanco (vicepresidente do CD Burela FS)