Nota de prensa:
Dende o 8 de agosto, coincidindo co as festas de San Lourenzo, pode visitarse no CENIMA de Foz unha exposición con fotos do Concurso fotográfico de lactación materna de FEDELGAMA do ano 2009. O horario é de luns a sábado de 9 a 14h e de 17 a 20h e a entrada é libre e gratuíta. Esta actividade está organizada pola asociación lucense pro lactancia materna Bico de Leite dentro dos actos que desenvolve para promover o aleitamento como a forma ideal de alimentar aos nenos e nenas, tanto pola cantidade de beneficios físicos e emocionais que comporta para o bebé e para a nai, como tamén para a sociedade no seu conxunto, pois supón un aforro de tempo e diñeiro, non xera residuos, non desperdicia recursos naturais e diminúe o gasto médico. O leite materno é o alimento que está especificamente creado para a alimentación dos nenos e nenas en exclusiva até os 6 meses e xunto a outros alimentos até polo menos os 2 anos de idade, tal e como recomendan, entre outras organizacións, a OMS, UNICEF e a Asociación Española de Pediatría”
Asociación lucense pro lactancia materna Bico de leite
www.bicodeleite.blogspot.com