Nota de prensa:
HORACIO CUPEIRO ADVIRTE DA POSIBLE APARICIÓN DE COMPLICACIÓNS NA RECOLLIDA DO VIDRO AO LONGO DESTES DÍAS. TODO SE DEBE A QUE A EMPRESA QUE SE ENCARGA DO SERVIZO, URBASER, ESTÁ DE FOLGA.
Ribadeo, 17 de agosto de 2011. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, advirte da posible aparición de complicacións na recollida de vidro ao longo destes días, pide disculpas por elo e tamén colaboración veciñal.
Cupeiro dixo que “estes días os nosos veciños e hostaleiros poden observar problemas ou complicacións coa recollida do vidro. Todo se debe a que a empresa que se encarga deste servizo, Urbaser, está de folga”. O edil nacionalista pide disculpas polas molestias que se poidan ocasionar e tamén “colaboración veciñal ata que este conflicto se resolva e a situación volte á normalidade”.