Nota de prensa:
DIA DO NENO DENTRO DAS FESTAS PATRONAIS DE XOVE
O amplo programa de actividades das FESTAS DO SAN BARTOLO E A VIRXE DO CARME en Xove continúan en marcha. Así, dentro da semana grande das festas, mañá mércores 17 de agosto teremos o DIA DO NENO con actividades para tódolos peques.
O Programa deste día é o seguinte:
16:00 horas (4 da tarde), no Salón de Actos do Centro Cívico: actuación de TEATRO BABALUVA coa obra “CAMA E CONTO”.
Un espectáculo baseado nas lembranzas de dous personaxes inolvidables, NAI e a súa filla MALVA ,que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía e sentimento.
En “Cama e Conto” trátase o paso do tempo como temática central desde unha visión optimista e pegada á realidade máis cotiá .
A relación entre MALVA e NAI contén un valor exemplarizante e sincero onde podemos recoñecernos como seres humanos complexos pero onde sempre prevalecerá a amizade , o cariño e o respecto como valores inquebrantables.
Unha peza teatral sobre a importancia da lectura e das relacións humanas.
A obra ten unha duración duns 50 minutos e está dirixida a un público infantil de 4 a 12 anos.
Unha vez remate esta obra, e a partires das 17:00 horas (5 da tarde) na Praza do Centro Cívico, tódolos rapaces poderán asistir a unha FESTA INFANTIL con DIVERNENO. Na mesma contaremos con numerosos inchables que farán as delicias de tódolos asistentes: PISTA AMERICANA, TOBOGÁN XIGANTE, BOB ESPONJA, CASA PAYASO, MULTIARCOS e un TALLER DE GLOBOFLEXIA. Dada a inestabilidade do tempo, entra dentro do posible que choiva; pois ben, neste sentido, temos preparado un Plan B. Se chovese esta actividade celebraríase igual, xa que a trasladaríamos ao Pavillón de Deportes, que está limitando coa Praza.
Por último, aproveitamos para invitar a tódolos nenos/as que queiran disfrutar do teatro e da festa infantil a participar destas actividades do DÍA DO NENO; e se por desgracia chovese, que veñan tamén, xa que como dixemos, pasaríamos a Festa Infantil ao Pavillón de Deportes.