Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que a ponte de Anrante non está rematada

Nota de prensa:
Deputados populares constatan in situ que a ponte de Arante non está rematada

Ribadeo, a 8 de agosto de 2011.- Deputados provinciais do Partido Popular desprazáronse hoxe ata Ribadeo para comprobar in situ o estado no que se atopan as obras da ponte de Arante que está a acometer a Deputación.

Os deputados Elena Candia, Jesús Novo e José Manuel Gómez, que durante o recoñecemento dos traballos estiveron acompañados polo voceiro popular local Manuel Valín, constataron as deficiencias que presenta a actuación e conviñeron en recoñecer que as queixas formuladas a este respecto tanto polos veciños da zona como polo propio rexidor están fundamentadas.

Os populares lembraron que dende a Deputación de Lugo, e nomeadamente o seu presidente José Ramón Gómez Besteiro, “vendeuse a execución desta obra como paradigma de eficacia e bo facer” pero, segundo aseguraron, “a realidade desdice a grandilocuencia de tales afirmacións”.

Os feitos, segundo indicaron, poñen de manifesto que a obra non só está lonxe de estar rematada “no tempo récord anunciado” senón que “a todas luces tampouco vai supoñer unha mellora sustancial para os veciños afectados”. De feito, segundo recalcaron, “polo momento” o único que está a provocar é moitos atrancos coas “aperturas intermitentes” das que está a ser obxecto.

Os representantes populares requeriron á Deputación a que cumpra os seus compromisos e execute “axeitada e rápidamente” os traballos e evite “dar por rematado o que aínda non o está”.

Exit mobile version