Site icon Crónica3.com A Mariña

Demasiada Zona C

A triunfal entrada na enseada do porto de Alcoa, en Moras, Xove, dunha batea ou sucedáneo, para dar cabida a moluscos procedentes de zonas C, ateigados ata con 60.000 coliformes fecais por 100 gramos, foi o ultimo agasallo do goberno da Xunta de Galicia aos veciños de costa de Lugo.
Na mesma semana, triunfal, apareceu por un hotel de Area, en Viveiro, o conselleiro de Cultura, o do “desvan de los monjes”, e asinou un convenio con alguén alleo a costa de Lugo nun local no que lucía unha pancarta co lema “… e para comer Lugo”.
Parece que no PP naide se entera de que isto non é un dique privado no que poden facer o que creen que lles peta, cando lles da a gaña, e parece que PSOE e BNG andan lentos nisto dos diques.
Xosé Rego

Exit mobile version