Un grupo de nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos participaron onte na praia do Portelo nunha nova actividade organizada pola Delegación de Medio Ambiente. En Así é a miña praia os rapaces deixaron voar a súa imaxinación e plasmaron en debuxos con lápiz e papel cómo é a súa praia ou cómo lles gustaría que fose. As monitoras explicáronlles que “todos temos que colaborar para ter unha praia limpa, e para iso non hai que deixar o lixo tirado na area, senón que hai que usar os contedores que se atopan no propio areal”. Todos os nenos debuxaron unha praia limpa e sen lixo, con papeleiras, sombrillas e duchas. Ao final da xornada recibiron un agasallo.