Site icon Crónica3.com A Mariña

Comenza o ciclo de actividades culturais “Cunqueiro:Estación Mondoñedo”

Nota de prensa:
Cunqueiro. Estación Mondoñedo

“Segundo Cunqueiro as persoas reencarnabámonos en corvos e se te fixas ben, cada corvo semella alguén”. Cunqueiro: estación Mondoñedo é un ciclo de actividades con performances artísticas e musicais, tertulia, teatro deseñado por aCentral Folque para o Concello de Mondoñedo baseadas no mundo literario de Álvaro Cunqueiro tendo en conta a música popular como pilar fundamental. Foi o Sr. Alvaro Cunqueiro quen desexaba ser lembrado como “anónimo”. É dicir, imaxinaba que no ano 3000 unha rapaza da Mariña cantaba os seus poemas sen coñecer a súa autoria. Baixo esta xenialidade, baixo o realismo máxico dun dos autores máis importantes de Europa estarán espalladas accións entre este verán e o outono mindoniense. Apoiando as festas e romerias da vila, presencia no mercado, no casino, nas rúas para que a Estación Mondoñedo sexa un lugar de parada e estadia mensual. Mondoñedo, a cidade donde a nostalxia dun dia se convirte en arte.

Comezan as actividades o dia 11 de agosto ás 22h.Auditorio
TEATRO MIRAQUENVEN presenta PLÁTICA DE MARES.
O actor focense Manolo Panforreteiro, afincado en Oxford presenta a súa obra Plática de Mares con textos de Alvaro Cunqueiro
e música del mesmo nunha personaxe que transita entre a melancolía e a imaxinación, entre a tristeza e a alegría, convídanos a
compartir as súas dúbidas, seus xogos, seus cantos de cada día.

Exit mobile version