Sesión de jazz experimental promovida polo Eido Dourado que se celebrou na noite do venres no cámping Gaivota de Benquerencia. A cita non defraudou aos amantes do jazz, que disfrutaron dos compases ofrecidos por L.A.R Lejido, Alejandro Vargas ou Pablo Lax. O ciclo musical que deu comezo hai unhas semanas no Eido Dourado coa presenza de DOA, e polo que pasaron tamén un grupo de txalapartaris vascos, concluirá nuns días cunha nova actuación no cámping Gaivota.