Burela acollerá o día da bicicleta o vindeiro 20 de agosto a partires das 12 da mañá, segundo deu a coñecer no día de hoxe a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro. O percorrido será praia urbana-praia da Marosa-praia urbana. E o 21 de agosto tamén ás 12 do mediodía celebraráse o día do patín. Segundo explica a edil popular “trátase dun paseo sobre patíns, para participar nesta actividade é obrigatorio saber patinar, e si non é así, os nenos terán que ir acompañados dun adulto”. Os interesados en participar neste paseo sobre patíns poden inscribirse no Concello ata o vindeiro xoves, 18 de agosto. O percorrido neste caso será praia urbana-praia Ril-praia urbana.