Burela acollerá o día da bicicleta mañá, 20 de agosto, a partires das 12 do mediodía. O percorrido será praia urbana-praia da Marosa-praia urbana. E o domingo, 21 de agosto, tamén ás 12 do mediodía celebraráse o día do patín. O percorrido neste caso será praia urbana-praia Ril-praia urbana. A concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, anima “aos nosos veciños a disfrutar e a ver as citas deportivas que temos esta fin de semana en Burela. Bicis e patíns invadirán a nosa vila mañá e o domingo. Será unha boa ocasión para pedalear e patinar e para ver cómo o fan os que se participarán nestas dúas propostas da Delegación de Deportes de Burela”.
Bicicletas e patíns protagonistas esta fin de semana en Burela
Bicicletas e patíns protagonistas esta fin de semana en Burela
Relacionado
-
O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este luns
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola xerente de Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto
-
Alfonso Villares en San Cibrao